top of page
Aila-9.jpg

            Ailá emerxe das máxicas foliadas na Casa das Crechas. Unha proposta inspirada no respecto á tradición e á música patrimonial galega pero cunha visión sen fronteiras, mesturada con aromas, ritmos e cores doutros lugares e doutras culturas, aberta ao mundo sen complexos, e sobre todo coa ilusión e a curiosidade de todo aquel que ama o que fai.

            Ailá é un dos representantes máis novos do Tradi, un xénero que excede ao musical no que a danza e a música pasan a converterse nun xeito de entender a vida, un xeito de estar no mundo. Neste novo traballo titulado Sansolimón, Ailá trae un repertorio pensado para cantar e bailar cunha música que nos ofrece protección contra un mundo cada vez máis individualista e homoxéneo.

Ailá somos:

Xan Pampín

(acordeón e bombo)

Manuele Pardo

(voz, percusións e gaita)

​Ángela Carou
 

(voz e percusións)

Manu Fraguela

Zanfona

bottom of page